viernes, 28 de mayo de 2010

A primeira canción. Ánimo Compañeiros.



Presentámosvos o primeiro adianto sonoro feito polos cativ@s participantes no obradoiro realizado na Casa-Museo de Rosalía de Castro. A base  empregada polos nenos é de descarga e uso libre,  composta polo dj Kaim Produce. Recitan e citan as conclusións ás que chegaron co proxecto.Agardamos que gostedes dela.



lunes, 10 de mayo de 2010

Que é o MINOM? Pequeno resumo.



 O movemento internacional para unha nova museoloxía (MINOM), nace en Lisboa durante o segundo obradoiro Internacional de nova museoloxía no ano 1985.  Surxe como resultado do proceso iniciado o ano anterior no Québec, no transcurso do cal se adoptou a declaración de referencia ideolóxica do movemento que, a súa vez ten o seu xerme nas conclusións da Declaración de Santiago de Chile de 1972. 

O MINOM está afiliado co Consello Internacional de Museos (ICOM); organización non gubernamental e sen ánimo de lucro creada no ano 1946 que ten coma finalidade a conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, tanxible e intanxible.  

O ICOM mantén unha relación formal coa UNESCO, materializada no  Centro de Información onde se xestiona a documentación da UNESCO en materia de patrimonio cultural e forma parte do Consello Económico e Social da ONU en calidade de órgano consultivo.

A partires destes breves apuntamentos podedes profundizar nas páxinas oficiais de cada organización pinchando nos seus nomes.

martes, 13 de abril de 2010

Outros Materiais; audio

Non esquezades que en ivoox.com tedes todos os arquivos de audio deste proxecto. Entrevistas e programas de radio feitas e deseñadas polos propios nenos.

Aquí tedes o enlace:

http://www.ivoox.com/escuchar-audios-rede-museisitica-lugo_al_11965_1.html

lunes, 12 de abril de 2010

IVAM 16 Xornadas DEAC.



Van dirixidas aos Departamentos de Educación e Acción Cultural  O obxecto de estas xornadas é dar cabida ao debate sobre novas tendencias no ámbito museístico. Este ano céntranas en tres bloques: Arte, ciencia e Natureza (compartir disciplinas); proxectos de comunidade (compartir culturas); proxectos de redes sociais (compartir a internet). 

Vanse celebrar en Maio, os días 27,28 e 29.  Estamos moi ilusionados  por ter sido escollidos para presentar alí as nosas follas.

Se vos interesa aquí tedes o enlace:


http://deac.ivam.es/index_val.html

domingo, 11 de abril de 2010

A Memoria.

  Continuamos a publica-la documentación coa que traballamos e vamos traballar na segunda fase. Agardamos que vos sexa de interese.    Memoria Follas Novas (1)
View more documents from Encarna Lago.

sábado, 10 de abril de 2010

Presentación do proxecto.

viernes, 9 de abril de 2010

Unidade Didáctica



Amosámosvos  a unidade didáctica coa que se traballou nos colexios. Así mesmo, servirá como base de traballo na segunda fase do proxecto que vamos camiño de encetar.