Presentámosvos o primeiro adianto sonoro feito polos cativ@s participantes no obradoiro realizado na Casa-Museo de Rosalía de Castro. A base empregada polos nenos é de descarga e uso libre, composta polo dj Kaim Produce. Recitan e citan as conclusións ás que chegaron co proxecto.Agardamos que gostedes dela.
viernes, 28 de mayo de 2010
A primeira canción. Ánimo Compañeiros.
Presentámosvos o primeiro adianto sonoro feito polos cativ@s participantes no obradoiro realizado na Casa-Museo de Rosalía de Castro. A base empregada polos nenos é de descarga e uso libre, composta polo dj Kaim Produce. Recitan e citan as conclusións ás que chegaron co proxecto.Agardamos que gostedes dela.
lunes, 10 de mayo de 2010
Que é o MINOM? Pequeno resumo.
O movemento internacional para unha nova museoloxía (MINOM), nace en Lisboa durante o segundo obradoiro Internacional de nova museoloxía no ano 1985. Surxe como resultado do proceso iniciado o ano anterior no Québec, no transcurso do cal se adoptou a declaración de referencia ideolóxica do movemento que, a súa vez ten o seu xerme nas conclusións da Declaración de Santiago de Chile de 1972.
O MINOM está afiliado co Consello Internacional de Museos (ICOM); organización non gubernamental e sen ánimo de lucro creada no ano 1946 que ten coma finalidade a conservación, mantemento e comunicación do patrimonio natural e cultural do mundo, tanxible e intanxible.
O ICOM mantén unha relación formal coa UNESCO, materializada no Centro de Información onde se xestiona a documentación da UNESCO en materia de patrimonio cultural e forma parte do Consello Económico e Social da ONU en calidade de órgano consultivo.
A partires destes breves apuntamentos podedes profundizar nas páxinas oficiais de cada organización pinchando nos seus nomes.
martes, 13 de abril de 2010
Outros Materiais; audio
Non esquezades que en ivoox.com tedes todos os arquivos de audio deste proxecto. Entrevistas e programas de radio feitas e deseñadas polos propios nenos.
Aquí tedes o enlace:
http://www.ivoox.com/escuchar-audios-rede-museisitica-lugo_al_11965_1.html
Aquí tedes o enlace:
http://www.ivoox.com/escuchar-audios-rede-museisitica-lugo_al_11965_1.html
lunes, 12 de abril de 2010
IVAM 16 Xornadas DEAC.
Van dirixidas aos Departamentos de Educación e Acción Cultural O obxecto de estas xornadas é dar cabida ao debate sobre novas tendencias no ámbito museístico. Este ano céntranas en tres bloques: Arte, ciencia e Natureza (compartir disciplinas); proxectos de comunidade (compartir culturas); proxectos de redes sociais (compartir a internet).
Vanse celebrar en Maio, os días 27,28 e 29. Estamos moi ilusionados por ter sido escollidos para presentar alí as nosas follas.
http://deac.ivam.es/index_val.html
Se vos interesa aquí tedes o enlace:
http://deac.ivam.es/index_val.html
domingo, 11 de abril de 2010
A Memoria.
Continuamos a publica-la documentación coa que traballamos e vamos traballar na segunda fase. Agardamos que vos sexa de interese. Memoria Follas Novas (1)
View more documents from Encarna Lago.
sábado, 10 de abril de 2010
viernes, 9 de abril de 2010
Unidade Didáctica
Amosámosvos a unidade didáctica coa que se traballou nos colexios. Así mesmo, servirá como base de traballo na segunda fase do proxecto que vamos camiño de encetar.
martes, 6 de abril de 2010
Entrevista dos alumnos do I.E.S. Mosteiron
Os alumnos do I.E.S. Mosteiron de Sada sumaronse o proxecto coas suas follas e esta entrevista a Cristina Corral Soilán, a sua mestra.
Ir a descargar
Ir a descargar
martes, 30 de marzo de 2010
Como facemos?
Tivemos en conta á sociedade galega coma un colectivo historicamente emigrante e a súa situación actual na que comeza a primar o seu papel coma receptor de inmigrantes. Centrámonos en traballlar o drama épico da emigración/inmigración coma fenómeno común no tempo e en todas as culturas; a problemática das mulleres con respecto á igualdade, á creación artística e ao pensamento libre; a defensa do respeto ao medio ambiente e a denuncia da inxustiza. Rosalía de Castro foi unha pioneira no tratamento destes aspectos empregando coma medio a súa obra literaria. Esta intención resúmese nos seguintes obxectivos conceptuais:
- Eduacación en igualdade.
- Comprensión dos valores humanos positivos.
- Comprensión do fenómeno emigración/inmigración.
- Comprensión da necesidade de conservación do medio ambiente.
- Comprensión da arte coma medio de expresión e denuncia.
- Comprensión dos valores literario e artístico da obra rosaliana.
- Fortalecemento da memoria colectiva.
Para elo o neno emprega como elementos de traballo as follas, as árbores e os textos. Interactúa con eles, lendo, plasmando a súa visión artísca e as súas reflexións. Facemos que cada elemento simbolice o seu ámbito e, a súa vez, interacción con todos eles.
Empregamos o estímulo que representa a poeta e a súa obra coma medido vehicular realizando a seguinte viaxe:
Comezamos nas aulas de música e d educación plástica e visual facendo un traballo sobre os textos, a súa comprensión e emprego coma material de creación.
Continuamos coa localización e estudo dos espazos naturais no entorno dos museos. O persoal da rede museística elabora os itinerarios nos que os nenos, coa presenza ademais do seu entorno familiar, van desenvolver a súa actividade creativa: lectura de poemas e as súas reflexións, para finalmente, prender o conxunto artístico que supón a folla de carballo (soporte coa reflexión, poema e debuxo) nunha árbore.
Logo disto, no ámbito da revista oral "A voz dos Carraos" que terá lugar no Museo Provincial do marm, os propios nenos protagonistas presentarán o proxecto así como a súas propias conclusións, axudados polos nenos dos centros educativos d'A Mariña que participen no mesmo.
O seguinte paso vai ser o aproveitamento destas follas por parte de Luz Darriba na súa instalación artística. Instalación que vai ter lugar en dous lugares alén mar: a "Biblioteca Nacional" e "Museo de la Inmigración Argentina" ambas en Bos Aires; facendo así unha viaxe coma aquela feita polos protagonistas de "As viúdas dos vivos as viúdas dos mortos".
En todo momento, en cada un dos espazos físicos de traballo, vinculamos os seis eixos/obxectivos teóricos perseguidos. Procuramos que os alumnos/as teñan presente a relación entre ditos espazos e conceptos, mediante os elementos que están a traballar e a presenza de todos eles na obra de Rosalía. Isto é mediante os poemas de "as viúdas dos vivos as viúdas dos mortos" fundamentamos o labor para a educación en igualdade e a comprensión do fenómeno bidireccional que é a emigración/inmigración.
"os que noutras terras/tén que buscar pan".
sábado, 27 de marzo de 2010
Quen somos?
Esta idea é desenvolta polo seguinte equipo de traballo:
- Idea, coordinación do proxecto e impartición de obradoiros: Encarnación Lago.
- Idea, coordinación e realización da instalación artística: Luz Darriba.
- Coordinación do Proxecto en Arxentina: Micaela Fernández.
- Asesoramento bibliográfico, didáctico e metodolóxico: Mercedes Salvador, Cristina Corral e Brais García.
- Realización e coordinación do traballo na rede, novas tecnoloxías e multimedia: Juan Ignacio Márquez Barros.
- Reprografía: Blanca Pacín.
- Asesoramento Técnico: Helena Villar Janeiro.
- Obradoiros nos museos da Rede:
- San Paio de Narla: Francisca Abuín, Ana Ferro.
- Pazo de Tor: María González, Ángeles Rivada.
- Museo Provincial do Mar: Amelia Pernas.
- Revista Oral "A Voz dos Carraos": Antonio Reigosa
- Actividades na escola:
- Escairón (C.P.I Doutor López Suárez): Maria Luisa Álvarez Rodríguez, Dolores Álvarez Pérez.
- Friol (C.P.I. Doutor López Suárez): José María Carricoba Armesto.
- Monforte de Lemos (I.E.S. A Pinguela): María González.
- A Mariña
- Fotografía: Germán Limeres.
- Deseño folla de carballo: TATATA
jueves, 25 de marzo de 2010
Que é isto?
"Follas Novas, novas follas" é un obradoiro que nace da instalación artística idea de Luz Darriba e a interpretación didáctica que dela fai Encarnación Lago.
Ten por obxectivo traballar na comprensión do fenómeno da emigración/inmigración empregando a obra de Rosalía de Castro coma medio vehicular dun xeito multidisciplinar, intergrupal e en rede. A partir de dita comprensión búscase chegar aos valores de igualdade (xénero,raza,condición,relixión...), respecto e protección do medio ambiente, fortalecemento da identidade colectiva, a comprensión do "outro" e a posta en valor da obra literaria de Rosalía de Castro e a súa propia figura.
O por que veu de xunguir o Ano de achegamento entre Culturas, o Día da Poesía e o Día do Libro nunha soa experiencia.
Está dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos que se atopan nas áreas xeográficas de influencia dos museos pertencentes á Rede Museística Provincial de Lugo. Nun seguinte paso, preténdese abrir a experiencia a outros centros educativos.
Consta de dúas fases principais:
1. Nas aulas. Dirixida e tutorizada polo persoal docente de cada centro. Dentro do ámbito das materias de lingua e plástica levarán a cabo a documentación, comprensión dos textos rosalianos, elaboración dos textos propios de cada neno e a ilustración. Emprégase coma base papel co deseño dunha folla de carballo sobre a que os alumnos desenvolven as súas ideas.
2. Nos museos. Por unha banda cos mesmos alumnos, acompañados do seu entorno familiar, lévanse as follas ao Museo (Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar de San Cibrao ou Museo Etnográfico de San Paio de Narla). Alí, seguindo un percorrido deseñado polo persoal da Rede Museística no entorno natural dos museos leranse os poemas de Rosalía máis polas reflexións dos nenos para logo prender as follas nas árbores. As follas seguirán a súa viaxe pasando pola Casa-Museo de Rosalía de Castro, pola "Biblioteca Nacional de Argentina" e o "Museo de la Inmigración" arxentina en Bos Aires.Esta actividade para familias poderán vir nenos que non fixeran a actividade na aula.
En próximas entradas, deixaremos á vosa disposición o texto íntegro no que se explica o desenvolvemento do obradoiro. Polo de agora mostrámosvos este texto que resume os nosos anceios e obxectivos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)