jueves, 25 de marzo de 2010

Que é isto?


"Follas Novas, novas follas" é un  obradoiro  que nace da instalación  artística idea de Luz Darriba e a interpretación didáctica que dela fai Encarnación Lago.
Ten por obxectivo traballar na comprensión do fenómeno da emigración/inmigración empregando a obra de Rosalía de Castro coma medio vehicular dun xeito multidisciplinar, intergrupal e en rede. A partir de dita comprensión búscase chegar aos valores de igualdade (xénero,raza,condición,relixión...), respecto e protección do medio ambiente, fortalecemento da identidade colectiva, a comprensión do "outro"  e a posta en valor da obra literaria de Rosalía de Castro e a súa propia figura.

O por que veu  de xunguir o Ano de achegamento entre Culturas, o Día da Poesía e o Día do Libro nunha soa experiencia.
Está dirixido ao alumnado de Primaria e Secundaria dos centros educativos que se atopan nas áreas xeográficas de influencia dos museos pertencentes á Rede Museística Provincial de Lugo. Nun seguinte paso, preténdese abrir a experiencia a outros centros educativos.
Consta de dúas fases principais:
1. Nas aulas. Dirixida e tutorizada polo persoal docente de cada centro. Dentro do ámbito das materias de lingua e plástica levarán a cabo a documentación, comprensión dos textos rosalianos, elaboración dos textos propios de cada neno e a ilustración. Emprégase coma base papel co deseño dunha folla de carballo sobre a que os alumnos desenvolven  as súas ideas.

2. Nos museos.  Por unha banda cos mesmos alumnos, acompañados do seu entorno familiar, lévanse as follas ao Museo (Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar de San Cibrao ou Museo Etnográfico de San Paio de Narla). Alí, seguindo un percorrido deseñado polo persoal da Rede Museística no entorno natural dos museos leranse os poemas de Rosalía máis polas reflexións dos nenos para logo prender as follas nas árbores. As follas seguirán a súa viaxe  pasando pola Casa-Museo de Rosalía de Castro, pola "Biblioteca Nacional de Argentina"  e o "Museo de la Inmigración" arxentina en Bos Aires.Esta actividade para familias poderán vir nenos que non fixeran a actividade na aula.

En próximas entradas, deixaremos á vosa disposición o texto íntegro no que se explica o desenvolvemento do obradoiro. Polo de agora mostrámosvos este texto que resume os nosos anceios e obxectivos.



"As viúdas dos vivos, as viúdas dos mortos" Emigración: carraxe universal. O desmembramento, o trauma, a perda son un punto de comezo onde buscar un elemento de unión entre xéneros e culturas.Unha galega, un filipino, un bosnio, unha mexicana, unha ganesa, un palestino: pais que non teñen fillas e fillos que non coñecen nais. Diásporas humanas, sen xénero xa. Todas pateira e todos "espalda mojada". Na loita pola oportunidade, pola mellora, polo presente, polo futuro mellorando o pasado é onde medra a conversa común afianzada. Dende o esforzo e a superación da penuria. Dinámicas que igualan condicións e só entenden de persoas. Comunidades que procuran escoller viaxe en liberdade no canto de marchar por obriga. Comunidades criando nenos e nenas horizontais que miran de igual ao do carón. Nin cara o cumio dende a base, nin cara o baixo dende o alto. Orfos e orfas sementando campos de soidade forzada para que en calquera lugar incen mans que amarren e misturen culturas e xéneros para turrar polo común. Follas Novas que dan lugar a novas follas".



3 comentarios:

sariitaa dijo...

Noraboa polo traballo feito!!noraboa a Luz por ter esta idea tan bonita e a Encarna por saber interpretar as cousas dunha forma unica.
Unha actividadade,desde o meu punto de vista,xenial.Aprendes como era a epoca pasada,temas que oxe en dia se seguen a ver na sociedade,como é o tema da emigracion,tema que Rosalia soupo plasmar moi ben na súa poesia,por outra aprendes quen é Rosalia e a importancia que ten como escritoria no noso pais.
Creo que é unha boa oportinidade para facer chegar ós nosos nenos esa parte da historia con obradoiros nos que usades a poesia de Rosalia para facer entender o que é o achegamento entre culturas e porque este ano se adica a iso.Sempre o direi,eu con eses obradoiro aprendin moito.
Unha actividade entretida que promete moito.

Unknown dijo...

Yo hablare d las experiencias ,los sentimientos y las sensaciones q a mi familia y a mi nos provocan estas actividades , q siendonos totalment desconocidas no hace tanto , ahora nos atrapan y verdaderamente nos envuelven .
..........Y llegamos al Parnaso d Tor y no se nos presentaron las musas ( cosa q a Carla contrario mucho , mucho.....en otra ocasion ;) ) Pero la q si se nos presento fue Rosalia , hecha lectura d gente menuda.Mis niños van conociendola despacito , pero yo creo q d una manera muy eficaz (entiendase eficaz komo duradera en el tiempo) , coloreandola ,escuchandola , escribiendola y yo creo q en algun momento sintiendola( a su manera , pero sintiendola).
Me gustan estas actividades q van un poko mas alla y aki se nota q muchas personas estan entregadas "realmente" en cuerpo y alma .
Seguiremos acudiendo encantados .
Gracias Encarna por contar con nosotros.
Felicito tambien a Luz Darriba y Helena Villar por este proyecto.
Bss

Encarna Lago dijo...

Gracias a vosotros por estar ahí... jo.

Publicar un comentario