martes, 30 de marzo de 2010

Como facemos?



Tivemos en conta á sociedade galega coma un colectivo historicamente emigrante e a súa situación actual na que comeza a primar o seu papel coma receptor de inmigrantes. Centrámonos en traballlar o drama épico da emigración/inmigración coma fenómeno común no tempo e en todas as culturas; a problemática das mulleres con respecto á igualdade, á creación artística e ao pensamento libre; a defensa do respeto ao medio ambiente e a denuncia da inxustiza. Rosalía de Castro foi unha pioneira no tratamento destes aspectos empregando coma medio a súa obra literaria. Esta intención resúmese nos seguintes obxectivos conceptuais:

  1. Eduacación en igualdade.
  2. Comprensión dos valores humanos positivos.
  3. Comprensión do fenómeno emigración/inmigración.
  4. Comprensión da necesidade de conservación do medio ambiente.
  5. Comprensión  da arte coma medio de expresión e denuncia.
  6. Comprensión dos valores literario e artístico da obra rosaliana.
  7. Fortalecemento da memoria colectiva.

Para elo o neno emprega como elementos de traballo as follas, as árbores e os textos. Interactúa con eles, lendo, plasmando a súa visión artísca e as súas reflexións. Facemos que cada elemento simbolice o seu ámbito e, a súa vez, interacción con todos eles.

Empregamos o estímulo que representa a poeta e a súa obra coma medido vehicular realizando a seguinte viaxe:

Comezamos nas aulas de música e d educación plástica e visual facendo un traballo sobre os textos, a súa comprensión e emprego coma material de creación.

Continuamos coa localización e estudo dos espazos naturais no entorno dos museos. O persoal  da rede museística elabora os itinerarios nos que os nenos, coa presenza ademais do seu entorno familiar, van desenvolver a súa actividade creativa: lectura de poemas e as súas reflexións, para finalmente, prender o conxunto artístico que supón a folla de carballo (soporte coa reflexión, poema e debuxo) nunha árbore. 

Logo disto, no ámbito da revista oral "A voz dos Carraos" que terá lugar no Museo Provincial do marm, os propios nenos protagonistas presentarán o proxecto así como a súas propias conclusións, axudados polos nenos dos centros educativos d'A Mariña que participen no mesmo.

O seguinte paso vai ser o aproveitamento destas follas por parte de Luz Darriba na súa instalación artística. Instalación que vai ter lugar en dous lugares alén mar: a "Biblioteca Nacional" e "Museo de la Inmigración Argentina" ambas en Bos Aires; facendo así unha viaxe coma aquela feita polos protagonistas de "As viúdas dos vivos as viúdas dos mortos".

En todo momento, en cada un dos espazos físicos de traballo, vinculamos os seis eixos/obxectivos teóricos perseguidos. Procuramos que os alumnos/as  teñan presente a relación entre ditos espazos e conceptos, mediante os elementos que están a traballar e a presenza de todos eles na obra de Rosalía. Isto é mediante os poemas de "as viúdas dos vivos as viúdas dos mortos" fundamentamos o labor para a educación en igualdade e a comprensión do fenómeno bidireccional que é a emigración/inmigración. 

"os que noutras terras/tén que buscar pan".

No hay comentarios:

Publicar un comentario